Os Roteiros Temáticos volven a Allariz para dar para dar a coñecer o seu patrimonio histórico e natural

OurenseXa
O programa inclúe visitas guiadas, rutas e obradoiros entre xuño e decembro con inscrición previa e prazas limitadas
letras-allariz
12 Jun 2026

O Concello de Allariz pon en marcha unha nova edición dos Roteiros Temáticos, unha programación de actividades divulgativas que se desenvolverán entre os meses de xuño e decembro co obxectivo de achegar á veciñanza e ás persoas visitantes o patrimonio histórico, cultural e natural do municipio.

A proposta, deseñada e executada por Xeitura S. Coop., articúlase a través de visitas guiadas, rutas interpretativas e obradoiros familiares que buscan ofrecer unha visión máis ampla e participativa de espazos e elementos representativos de Allariz, como o seu conxunto arqueolóxico, o río Arnoia, o centro histórico ou distintos elementos da súa memoria material.

As actividades están programadas, na súa maioría, para os terceiros sábados de cada mes e contarán con aforo limitado, co fin de garantir unha experiencia máis próxima e adaptada ao carácter dos percorridos.

O calendario arrinca o 20 de xuño cunha visita á Cibdá de Armea, un dos xacementos arqueolóxicos máis relevantes de Galicia. A partir desa primeira actividade, o programa continuará en xullo cun percorrido polos muíños e curtidorías, mentres que en agosto se propón unha visita centrada no centro histórico e na Corte Románica. Xa en setembro está prevista unha actividade de visita fotográfica baseada en imaxes históricas da vila.

No último trimestre do ano desenvolveranse dúas propostas de carácter familiar centradas na arqueoloxía, en outubro e decembro, e en novembro realizarase unha visita ao Castelo de Allariz, completando así unha programación que combina divulgación histórica e participación cidadá.

Todas as actividades partirán da Oficina Municipal de Turismo e requiren inscrición previa. As reservas poden realizarse a través do correo electrónico turismo@xeitura.com ou no teléfono 609 474 976.

0.12386989593506