Os socialistas esixen a Jácome que se retracte das súas declaracións racistas sobre os xogadores do Real Madrid

As e os edís do grupo municipal socialista do Concello de Ourense lamentan a actitude do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ante o comentario racista expresados nas súas re-des sociais sobre as fichaxes do equipo de fútbol do Real Madrid. "Trátase dunha refle-xión persoal fóra de lugar e impropia da máxima autoridade da nosa cidade a través das súas redes sociais, que dana unha vez máis a imaxe de Ourense e que neste caso, ademais, ten unha desafortunada connotación racista impropia dun cargo público e to-talmente arcaica e retrógrada que non se corresponde en absoluto coa do resto da veci-ñanza de Ourense", advirte a portavoz do PSdeG na Administración local, Natalia Gon-zález Benéitez.
Esixen, neste senso, que o rexedor rectifique e "pida disculpas públicas", así como que borre "inmediatamente esa publicación".
"Non se pode permitir que o alcalde diga as burradas que di co único obxectivo de fa-cerse viral e causando vergoña, estupor e odio cara aos e ás ourensás por non saber estar á altura da representación institucional que ostenta dende fai 6 anos e na que o PP decidiu colocalo, a pesares de estar resultando letal para a nosa cidade, tal e como dixo Feijóo", remata contundente a tamén secretaria xeral do partido en Ourense