Os socialistas piden a Jácome que reactive o Consello Escolar Municipal
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense pide al alcalde que reactive o Consello Escolar Municipal (CEM) e que dea voz á comunidade educativa da cidade.
Os socialistas lembran que o pasado mes de outubro solicitaron ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome a reactivación do CEM e preguntaban nas Xuntas de Área pola recuperación deste órgano sen obter resposta algunha. “A última composición pública que se atopa vixente e colgada na web da Administración local data do ano 2016, hai 8 anos”, apunta a edil do PSdeG Cristina Cruz.
Ante o silencio do goberno de Democracia Orensana, os socialistas voltaron a preguntar no pleno ordinario deste mes de xaneiro ao rexedor se cabía a posibilidade de retomar o funcionamento do mesmo, ao que a concelleira responsable da área de Dinamización respondeu cunha negativa. “Como ben sendo a tónica do executivo de Jácome en cuestión educativa, deixarano esmorecer”, sinala a edil do PSdeG.
“O feito de que o Consello Escolar Municipal non se convoque implica que as voces do profesorado ou dos representantes sindicais educativos quedarán apagadas en cuestións que atinxen ao transporte, os comedores ou a limpeza das instacións”, resume Cruz sobre as consecuencias de non recuperar a actividade deste órgano. “Como ben sendo a tónica do executivo de Democracia Orensana en cuestión educativa, deixarano esmorecer”, sinala.
Lembra, ademais, que o CEM constituíuse como un mecanismo superior de consulta, información, de participación cidadá nos asuntos referidos ás competencias municipais en materia de Educación e de asesoramento dos proxectos da lei ou dos regulamentos que haxan de ser propostos pola Xunta de Galicia. “En definitiva”, sinalan, “isto só é unha mostra máis de que a prioridade do executivo de Gonzalo Pérez Jácome non é a Educación”.