Os traballos de reparación do pavimento obrigan a cortar o tráfico na Praza do Santo Cristo

OurenseXa
As obras de reparación do pavimento na Praza do Santo Cristo obrigan a pechar unha parte ao tráfico durante as xornadas deste martes e mércores
Policia_Local_Ourense
Policía Local
21 Maio 2024

A execución de traballos de reparación do pavimento requirirá pechar ao tráfico este martes, 21 de maio, e mañá, mércores 22 de maio, a rúa do lado leste da Praza do Santo Cristo. Desde o Concello de Ourense informan que o resto da praza manterase comunicada coa Avenida de Zamora e a rúa Laureano Prieto.

O Concello de Ourense pon a disposición da cidadanía a plataforma GISou, na que os interesados poden confirmar o estado do tráfico dentro da cidade en tempo real.

0.19298410415649