Ourense acolle este mércores a Carreira Ciclista da Península Ibérica

OurenseXa
A partir das 11.00 horas da mañá, un pelotón ciclista percorrerá a capital de As Burgas dende Vistahermosa ata o Miradoiro do Río Miño
carreira-ciclista-ourense
Ourense acolle a Carreira Ciclista da Península Ibérica
1 may 2024

As estradas da provincia acollerán o Mércores 1 de maio o XV- Campionato da Península Ibérica 2024, unha proba ciclista “OPEN” “Deporte Para Todos” organizada pola Fundación ADO Moure Prol Deporte co apoio da Deputación Provincial de Ourense, A Xunta de Galicia e o Consello Municipal de Deportes.

A proba dispútase nun percorrido xa clásico neste campionato de 73,5 qm desde Ourense, onde está prevista a saída ás 10:55 horas, pasando por Barbantes, Ribadavia, Leiro e volta polo mesmo itinerario ata a subida final e o seu punto culminante, a esixente ascensión final ao Mon de Deu (Miradoiro do Miño), unha curta subida de 2 qm e unha pendente media do 13%, pero con puntos onde se eleva a porcentaxe de desnivel ata o 23%, o que proporciona un magnífico espectáculo que se lembra aos vividos a mediados dos anos 80, cando o Mon de Deu era un dos finais de etapa da desaparecida Volta Ciclista á provincia de Ourense, chegada estimada para as 12:40 horas.

Os tres primeiros clasificados en cada unha das sete categorías recibirán os diplomas e medallas acreditativos e o gañador de cada unha delas recibirá a camisola e diploma acreditativo de Campión da Península Ibérica

En anteriores edicións algúns dos gañadores foron Gustavo Rodríguez, do equipo Rías Baixas, de Nigrán, Iago Alonso, do equipo CC Ría de Vigo de Vigo ou Javier Iglesias, do equipo Supermercados Froiz.

Toda a información da proba, coa súa rutómetro, mapa, perfil, así como a información para as inscricións, pódese atopar na páxina web