Ourense acollerá o primeiro Campionato de España de hockey herba sub-21 de seleccións autonómicas

GaliciaXa | OurenseXa
A competición reunirá ás seleccións autonómicas de Galicia, Madrid, Comunidade Valenciana e Asturias no campo de Mariñamansa
presentacion-campionato-españa-hockey-ourense
18 Jun 2026

A cidade de Ourense será escenario o 4 e 5 de xullo do primeiro Campionato de España de hockey herba de seleccións autonómicas na categoría sub-21, tanto masculina como feminina. A competición disputarase no campo de Mariñamansa e reunirá catro seleccións autonómicas, nun formato de final a catro.

Ata o de agora, a Real Federación Española de Hockey non incluía esta franxa de idade nas súas competicións de seleccións autonómicas, que se limitaban á categoría sub-18. A creación deste novo nivel supón a ampliación da estrutura competitiva do hockey base, ofrecendo continuidade aos xogadores e xogadoras no tránsito cara ao alto rendemento.

No torneo participarán os combinados de Galicia, Madrid, Comunidade Valenciana e Asturias, que loitarán polo primeiro título desta nova categoría.

O formato será de final a catro, o que concentrará todos os encontros decisivos nunha única fin de semana, convertendo o evento nun punto de encontro para o hockey autonómico de base de maior nivel.

0.14675688743591