?> Ourense activa un horario especial de autobuses durante a xornada deste sábado en OurenseXa

Ourense activa un horario especial de autobuses durante a xornada deste sábado

OurenseXa
Os autobuses sairán cada media hora do Parque de San Lázaro cara Expourense, pasando polo Posío, en viaxe de ida e volta, desde as 18.30 horas do sábado até as 4.00 da madrugada do domingo
autobuses-urbanos-concello-ourense
Autobuses urbanos do Concello de Ourense
Redacción Ourensexa
27 abr 2024

Concello de Ourense activará un servizo especial de autobuses á Finca Sevilla, desde o Parque de San Lázaro, para este sábado, día 27 de abril, para facilitar o desprazamento do público que desexe asistir ao festival musical Outopía e ao partido de baloncesto de Club Ourense Baloncesto, que se desenvolverán esa xornada en Expourense e no Pazo Paco Paz.

O concelleiro de Transporte, Antonio Fernández, trasladoulle a solicitude á empresa concesionaria do servizo municipal para que estableza este servizo lanzadeira. Os autobuses sairán do Parque de San Lázaro cara Expourense, pasando polo Posío, en viaxe de ida e volta, desde as 18.30 horas do sábado até as 4.00 da madrugada do domingo, cunha frecuencia cada media hora.

O Concello convida o público a utilizar o transporte público en vez do privado, para acudir a estas dúas citas, dada a previsible afluencia de milleiros de espectadores que rexistrarán as dúas actividades. Por unha banda, o Festival Outopía, desenvolverase no recinto ferial de Expourense desde as 19.00 horas, coas actuacións de Juan Magán, Dasoul, Groove Amigos, Dumore, Marcos Gramola, Pitty, Pablo Marqués e Toni Seijas. Tamén ás 19.00 horas comezará o partido de Club Ourense Baloncesto, fronte a Longevida San Pablo Burgos, correspondente á xornada número 32 da Liga LEB Oro