Ourense incorpora os seus primeiros cinturóns negros 2º DAN en Combate Corpo a Corpo

Ourense incorpora os seus primeiros cinturóns negros 2º DAN en Combate Corpo a Corpo
Trátase de José Manuel Fernández e Francisco Molina, vinculados aos clubs Ximnasio Estudio A Valenzá e Tai-Jitsu Ourense
A provincia de Ourense conta xa con dous novos graos de cinturón negro 2º DAN na modalidade de Combate Corpo a Corpo da Federación Española de Karate, tras completarse o proceso de formación e avaliación desenvolvido nas últimas semanas.
A convocatoria comezou o 4 de abril en Toledo, cun exame previo de acceso ao curso oficial. A partir de aí, os aspirantes realizaron durante o mes de abril unha formación teórico-práctica centrada nas materias técnicas esixidas. O proceso culminou cunha fase final de exames teóricos e prácticos, dos que veñen de coñecerse os resultados.
Entre os participantes estiveron dous representantes ourensáns, José Manuel Fernández e Francisco Molina, vinculados aos clubs Ximnasio Estudio A Valenzá (Barbadás) e Tai-Jitsu Ourense José Manuel Fernández e Francisco Molina, vinculados aos clubs Ximnasio Estudio A Valenzá (Barbadás) e Tai-Jitsu Ourense
Ambos conseguiron superar as probas e obter o grao de cinturón negro 2º DAN, converténdose nos primeiros deportistas da provincia de Ourense en acadar esta titulación nesta disciplina específica dentro da Federación Española de Karate.
Desde os clubs destacan que estes resultados supoñen un reforzo do nivel técnico e formativo na provincia, ademais de contribuír á consolidación e expansión das disciplinas de defensa persoal que imparten de forma habitual.