Ourense participa nun proxecto europeo para abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais

OurenseXa
O proxecto USE4FOREST aglutina a diversas entidades e administracións de España, Francia e Portugal, co fin de afondarán nunha estratexia para a prevención de incendios
Presentación do proxecto europeo Interreg Sudoe USE4FOREST
Presentación do proxecto europeo Interreg Sudoe USE4FOREST
9 Xul 2024

A Deputación, representada polo deputado de Innovación, Jorge Pumar, participou  na presentación do proxecto europeo Interreg Sudoe USE4FOREST, no que participan entidades e administracións de varias comunidades autónomas e dos países do suroeste europeo: España, Francia e Portugal. O obxectivo deste proxecto é abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais que afectan a estes países.

Tal e como explicou o deputado provincial na presentación, “a Deputación de Ourense espera contribuir á loita contra incendios no seu territorio, ameazado por lunes de cada vez maior tamaño, e cuxa gravidade vese incrementada polo envellecemento poboacional e o despoboamento”. Tamén se puxo de manifesto que a Deputación implantará o establecemento de cortalumes produtivos no Barco de Valdeorras e o testeo da planificación preventiva e intervención rápida na provincia.

O proxecto USE4FOREST aglutina a diversas entidades e administracións de España, Francia e Portugal, co fin de afondarán nunha estratexia para a prevención de incendios no territorio Sudoe mediante a mellora dos espazos forestais. O proxecto estará vixente ata decembro de 2026 e conta cun investimento total de case tres millóns de euros.

Con respecto ás entidades españolas que participan no proxecto, aparte da Consellería do Medio Rural, están a Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo; a Deputación de Ourense; a Junta de Castilla y León; a Hazi Fundazioa; a Fundación Tecnalia Research & Innovation e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

0.18617105484009