Ourense prepárase para o paso do Gran Camiño con numerosas restricións de tráfico previstas para este venres

OurenseXa
O percorrido da proba entrará en Ourense desde Barbadás pola Avenida de Celanova e pasará por zonas como o Progreso, Pardo de Cela e a N-120
gran-camiño-2024
14 Apr 2026

O Concello de Ourense informa de que a carreira ciclista “O Gran Camiño” provocará cortes de tráfico no centro da cidade o venres 17 de abril a partir das 12.30 horas, no marco do dispositivo especial deseñado pola Policía Local.

O percorrido da proba entrará en Ourense desde Barbadás pola Avenida de Celanova e continuará pola glorieta de acceso á Valenzá, rúa Marcelo Macías, rúa do Progreso, Praza de Concepción Arenal e rúa Pardo de Cela, para seguir pola glorieta do Nexus e incorporarse á N-120 en dirección a Monforte. Estes cortes afectarán especialmente ao eixo formado por Progreso, Pardo de Cela e a N-120, que permanecerá condicionado ata que finalice o paso da carreira e dos vehículos de apoio.

O dispositivo prevé o peche destas vías desde as 12.30 horas e recoméndase evitar o acceso ao centro durante ese tempo, así como empregar itinerarios alternativos e atender á sinalización provisional e ás indicacións da Policía Local.

Como alternativas de circulación, recoméndase empregar a N-525 e outras conexións periféricas, co fin de desviar o tráfico e reducir a afectación nas principais rúas da cidade. Tamén se informa de que a rúa Pena Trevinca volverá estar aberta ao tráfico tras a reparación dun afundimento previo, polo que poderá utilizarse como vía de apoio.

0.13536691665649