Pereiro de Aguiar pon a disposición dos veciños un servizo para xestionar o Rexistro de galiñeiros tradicionais

OurenseXa
A inscrición no Rexistro de explotacións avícolas de autoconsumo é obrigatoria e totalmente gratuíta, aberta durante todo o ano
rexistro-de-galineiros-tradicionais-para-autoconsumo
Rexistro de galinheiros tradicionais para autoconsumo
20 mar 2024

O Concello do Pereiro de Aguiar pon a disposición dos veciños un servizo para xestionar o Rexistro de explotacións avícolas de autoconsumo (Galiñeiros tradicionais) con aves que en ningún caso comercialice, nin a súa carne, nin os ovos, nin outras producións.

A inscrición neste rexistro é obrigatoria e totalmente gratuíta, aberta durante todo o ano.

Este trámite debe realizarse presencialmente nas oficinas municipais en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, provistos, unicamente, do DNI.

Para aclarar calquera dúbida que poida xurdir, o Concello pon a disposición dos interesados o número de teléfono 988 259 385.