Pereiro de Aguiar prepara o seu primeiro cuadrangular de fútbol sala feminino

O pavillón do Pereiro de Aguiar acollerá o vindeiro 20 de setembro o I Cuadrangular Pereiro de Aguiar, unha nova cita deportiva dedicada ao fútbol sala feminino que reunirá catro equipos nunha xornada de competición e convivencia.
O torneo está organizado polo Atlético Pereiro de Aguiar Futsal Feminino, coa colaboración do Concello do Pereiro de Aguiar e Pereiro Deporte.
A organización xa confirmou o primeiro dos equipos participantes nesta primeira edición. Trátase de Dos Toxos D’Ouro, procedente do Irixo, que se sumará á xornada para compartir fútbol e competición co resto de formacións participantes.
O cuadrangular pretende ofrecer unha xornada na que o deporte e a convivencia teñan un papel protagonista, reunindo no pavillón do Pereiro de Aguiar catro equipos de fútbol sala feminino.