Preto de 300 persoas participarán este domingo no X Trail de Celanova

Celanova acolle este domingo 19 de abril unha nova edición do X Trail de Celanova, unha proba deportiva que reunirá preto de 300 participantes entre as súas diferentes modalidades.
A saída de todas as probas está prevista para as 9:00 horas desde a Praza Maior.
Nesta edición establecéronse tres categorías. O trail longo, de 22.000 metros, conta con arredor de 60 inscritos; o trail curto, de 11.500 metros, suma 130 participantes; mentres que a andaina de 11.500 metros reunirá unhas 90 persoas.