Remata o prazo para inscribirse no VIII Trail de Celanova

OurenseXa
Este luns, 15 de abril, será o derradeiro día para solicitar a inscrición no VIII Trail de Celanova , que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de abril
trail_celanova
VIII Trail de Celanova
15 abr 2024

O Concello de Celanova en colaboración co clube Pato Blanco, organiza o próximo 20 de Abril de 2024 o VIII Trail e andaina de Celanova.

O “VIII Trail e andaina de Celanova” consiste nunha carreira de Trail en dúas modalidades. Por un lado, a modalidade longa percorrerá unha distancia de 27,50 kilómetros, cun desnivel positivo de 1.000 metros, aproximadamente, e unha dificuldade media-alta. Por outro lado, a modalidade curta percorrerá unha distancia de 17,5 kilómetros e un desnivel positivo de aproximadamente 500 metros. Ademais, taberá tammen unha andaina máis sinxela, de 13,5 kilómetros.

O prazo de inscrición para todas as modalidades remata este luns, 15 de abril. Os interesados poderán acudir presencialmente a presentar as solicitudes de maneira presencial nos seguintes establecementos: Deportes e Armería Núñez Enriquez (Celanova), Deportes Punguinsport (Celanova) e Run Maniak (Ourense). Tamén poderán facelo en línea a través da página web de 321Go.