Rematan os traballos de acondicionamento nos arredores do Concello de Baños de Molgas

O obradoiro do “Programa de Emprego Manco Xove VI” da Xunta de Galicia comezou, o pasado 3 de abril, os traballos de acondimento nos arredores do Concello e do Centro de Saúde, para adecentar o entorno ante o crecemento descontrolado de árbores e o mal estado sanitario de exemplares arbóreas e arbustivas.
As actuacións remataron este xoves, case un mes despois, grazas aos participantes neste obradoiro subvencionado pola Xunta de Galicia. Dende o Concello de Baños de Molgas agracederon a gran labor realizada para reacondicionar o entorno deste concello ourensán.