Rematan os traballos de acondicionamento nos arredores do Concello de Baños de Molgas

OurenseXa
O obradoiro do “Programa de Emprego Manco Xove VI” da Xunta de Galicia levou a cabo traballos de acondicionamento nos arredores do Concello e do Centro de Saúde
baños-de-molgas
Reacondicionamento dos arredores do Concello de Baños de Molgas
11 may 2024

O obradoiro do “Programa de Emprego Manco Xove VI” da Xunta de Galicia comezou, o pasado 3 de abril, os traballos de acondimento nos arredores do Concello e do Centro de Saúde, para adecentar o entorno ante o crecemento descontrolado de árbores e o mal estado sanitario de exemplares arbóreas e arbustivas.

As actuacións remataron este xoves, case un mes despois, grazas aos participantes neste obradoiro subvencionado pola Xunta de Galicia. Dende o Concello de Baños de Molgas agracederon a gran labor realizada para reacondicionar o entorno deste concello ourensán.