Rematan os traballos de mellora na rúa Bedoya, en Ourense

O treito superior da rúa Bedoya, desde a Avenida de Bos Aires até a rúa Emilia Pardo Bazán, volve estar aberto ao tráfico rodado desde esta mañá logo das obras de canalización e asfaltado executadas polo Concello.
Os traballos, que consistiron na canalización e asfaltado da rúa, comezaron o pasado 15 de outubro e tiñan previsto rematar o 5 de novembro.