Rematan os traballos de mellora na rúa Bedoya, en Ourense

OurenseXa
Os traballos consistiron na canalización e asfaltado da rúa
Rúa Bedoya, Ourense
Rúa Bedoya, Ourense
29 Nov 2024

O treito superior da rúa Bedoya, desde a Avenida de Bos Aires até a rúa Emilia Pardo Bazán, volve estar aberto ao tráfico rodado desde esta mañá logo das obras de canalización e asfaltado executadas polo Concello.

Os traballos, que consistiron na canalización e asfaltado da rúa, comezaron o pasado 15 de outubro e  tiñan previsto rematar o 5 de novembro.

0.1659209728241