Rexistrado un pequeno terremoto de magnitude 2,7 no Pereiro de Aguiar

GaliciaXa | OurenseXa
O movemento sísmico produciuse a unha profundidade de 11 quilómetros e puido ser percibido nalgunhas zonas de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas
terremoto
23 Jul 2026

Un terremoto de magnitude 2,7 rexistrouse durante a madrugada deste xoves 23 de xullo nas proximidades de Ourense, segundo os datos publicados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

O epicentro do sismo localizouse a uns tres quilómetros do Pereiro de Aguiar, na provincia de Ourense. O movemento sísmico produciuse a unha profundidade de 11 quilómetros.

De acordo coa información do IGN, o terremoto foi de baixa intensidade, polo que unicamente puido ser percibido por algúns veciños de concellos como Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas, aínda que, ao terse rexistrado de madrugada, a maioría da veciñanza non chegou a percibir o tremor.

Con este episodio, xa son sete os terremotos rexistrados na provincia de Ourense desde comezos deste mes, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional.

0.14007616043091