San Cibrao das Viñas aproba o orzamento para 2025
OurenseXa
O orzamento contempla máis de 7 millóns de euros en gastos para o próximo ano
Pleno de San Cibrao das Viñas
27 Nov 2024
O Concello de San Cibrao das Viñas vén de aprobar os orzamentos para 2025, que contemplan máis de 7 millóns de euros en gastos para o próximo ano, un incremento de 502.354,68 euros respecto a 2024, o que supón un 6,59% máis.
Desde o Concello destacan este incremento lógrase sen subir impostos, “garantindo unha xestión responsable e sostible”, e destacan que entre as partidas contémplase destinar 185.000 euros para acondicionar o local do novo consultorio en Pontenoalla.