San Cibrao das Viñas pon en marcha placas solares para o pavillón deportivo e unha cuberta para a pista de Gonoba

O Concello avanza en dúas actuacións destinadas ás súas instalacións deportivas e abre un prazo de quince días para que a cidadanía poida consultalas
concello_san_cibrao_das_viñas
27 Nov 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas abriu o trámite de información pública para dous proxectos de obra que afectan a instalacións deportivas do municipio: a instalación de placas solares no pavillón deportivo e a construción dunha cuberta para a pista deportiva de Gonoba.

O primeiro dos proxectos, relativo á instalación solar fotovoltaica no pavillón deportivo, conta cun orzamento de 92.667,25 euros e foi redactado por un enxeñeiro técnico industrial. O segundo, que contempla a construción dunha cuberta na pista deportiva de Gonoba, ten un orzamento de 176.975,54 euros e foi elaborado por un arquitecto.

Ambas as dúas actuacións foron aprobadas mediante senllos decretos da Alcaldía, o primeiro con data do 13 de novembro e o segundo do 23 de novembro, ambos de 2026. En ambos os casos, o período de exposición pública esténdese durante quince días, a contar desde o día seguinte á publicación dos respectivos anuncios, que foron o día de onte no BOP.

Durante ese prazo, calquera persoa interesada poderá consultar a documentación de ambos os proxectos nas dependencias municipais e presentar as alegacións que considere oportunas. A documentación tamén estará dispoñible para a súa consulta na sede electrónica do Concello.

0.23400402069092