San Cibrao das Viñas quedará sen auga o próximo 8 de agosto
OurenseXa
O corte afectará ao Polígono de San Cibrao das Viñas, ao parque tecnolóxico e aos lugares de Pazos de San Clodio, Valiñas, Carballeira, Mioteira, Santa Cruz, Calvos, Castroverde e A Castellana
![Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas](https://ourensexa.com/wp-content/uploads/2024/05/Parque-Tecnoloxico-de-Galicia-San-Cibrao-das-Vinas.jpg)
29 Jul 2024
Debido a unha reparación dunha avaría na rede principal de abastecemento do polígono de San Cibrao das Viñas, producirase un corte no suministro de auga dende o xoves 8 de agosto ás 20.00 horas ata as 08.00 horas do venres 9 de agosto.
O corte afectará ao Polígono de San Cibrao das Viñas, ao parque tecnolóxico e aos lugares de Pazos de San Clodio, Valiñas, Carballeira, Mioteira, Santa Cruz, Calvos, Castroverde e A Castellana. Estas zonas quedarán sen suministro ou cunha baixa presión do servizo.