Santa Teresita xa conta as horas para acender as súas festas grandes

OurenseXa
O barrio ourensán ultima os preparativos de tres xornadas de verbena, vermú e actos relixiosos que arrincan pasado mañá, 25 de setembro
festas_santa_teresita_ourense
24 Sep 2026

O calendario xa case o di todo: o vindeiro venres o barrio de Santa Teresita vístese de festa. Despois de semanas de espera desde que se coñecese o programa, a parroquia ourensá ultima xa os últimos detalles duns festexos que, coa colaboración do Concello de Ourense, se prolongarán durante tres días.

O pistoletazo de saída chegará o venres 25 pola noite, cunha verbena que arrincará ás 23.30 horas da man da orquestra La Banda de Ayer. O sábado 26, o ambiente trasladarase ao mediodía á avenida de Santiago, onde o Bar Novo Milenio acollerá desde as 13.00 horas a tradicional sesión vermú. ​Xa entrada a noite, ás 23.15 horas, subirá ao escenario un grupo de baile, e un cuarto de hora despois collerá o relevo a Gramola para poñer banda sonora á festa da xuventude.

O domingo 27 será a xornada grande. Os gaiteiros de Redegaita espertarán ao barrio ás 10.00 horas cunha alborada, antes de que ás 12.00 horas se celebre unha misa solemne seguida de procesión. Á 13.00 horas repetirase de novo a sesión vermú no mesmo local da avenida de Santiago, pechando así o día central das celebracións.

Os máis pequenos tamén terán o seu espazo, con atraccións infantís instaladas durante as tardes dos tres días de festa.

E aínda que as festas grandes se despedirán o 27, o barrio garda todavía unha cita pendente: o 10 de outubro, ás 19.30 horas, celebrarase o XXI Festival Coral Rondalla, no que participará o grupo Os Afiadores.

0.15765500068665