Taboadela comeza a recuperación do Pombar da Reitoral

O Concello de Taboadela vén de iniciar as obras de rehabilitación do Pombar da Reitoral, un elemento singular do patrimonio local que forma parte esencial da historia e da paisaxe do municipio.
Esta actuación ten como obxectivo a conservación e posta en valor desta construción tradicional, garantindo non só a súa preservación, senón tamén a súa integración no futuro do concello.
Desde o goberno local destacan que con esta intervención se dá un paso importante na protección do patrimonio etnográfico de Taboadela, recuperando un ben que forma parte da identidade colectiva da veciñanza e da memoria do territorio.