Taboadela contará por primeira vez co seu propio tramo no Rally de Ourense

OurenseXa
O Rally de Ourense festexa este 2024 a súa 57ª edición, que terá lugar o 14 e 15 de xuño
Rallye
O Rally de Ourense festexa este 2024 a súa 57ª edición, que terá lugar o 14 e 15 de xuño
1 Xuño 2024

O Rally de Ourense festexa este 2024 a súa 57ª edición, que terá lugar o 14 e 15 de xuño e que percorrerá os concellos ourensáns a través dun total de 159,48 quilómetros, con 14 tramos cronometrados. 

Unha das novidades desta edición e que o rally chegará, por primeira vez, ao municipio de Taboadela, que contará co seu propio tramo.

Desde o Concello informan que a decisión é “froito da negociación entre o concello e a Escudería Ourense, da que xorde esta nova inclusión no calendario do ralli máis internacional e tamén máis ourensán, decano e precursor da maioría de probas automovilísticas que se celebran ao longo de toda España”. 

Ademáis, destacan a importante labor que a Escudería Taboadela desenvolve no mundo do motor, grazas á cal o municipio ourensán converteuse nun lugar de referencia para os aficionados deste campo.

0.22089004516602