Toén aprobará dedicar tres espazos públicos ás figuras tradicionais do Labardeiro, a Señorita e os Mazarucos

OurenseXa
O Pleno deu luz verde por unanimidade á proposta presentada por unha Asociación Cultural Entroido de Mugares para bautizar prazas en Mugares, O Moreiro e Meaba
praza-do-labardeiro
24 Jul 2026

O Pleno do Concello de Toén aprobou por unanimidade a proposta presentada pola Asociación Cultural Entroido de Mugares para dar nome a tres espazos públicos do municipio en homenaxe a algunhas das súas figuras máis representativas.

Co acordo plenario, tres prazas pasarán a denominarse Praza do Labardeiro, en Mugares Praza da Señorita, en O Moreiro, e Praza dos Mazarucos, en Meaba.

Segundo explicou a entidade promotora, a iniciativa naceu a partir da proposta dun dos seus socios. Tras analizar a idea, a asociación elaborou un dossier co que fundamentou a solicitude presentada posteriormente á Alcaldía.

Desde a asociación agradeceron ao grupo de goberno que atendese esta petición veciñal e acollese o proxecto, así como ao resto dos membros da corporación municipal polo apoio unánime á iniciativa.

A entidade destacou que, con este acordo, as figuras dos labardeiros, señoritas e mazarucos quedarán ligadas de forma permanente ao rueiro do municipio, converténdose en parte do patrimonio e da memoria colectiva de Toén.

0.1394739151001