Toén estrea a Praza do Labardeiro en Mugares

OurenseXa
O Concello incorpora un novo espazo público con esta denominación, vinculada á tradición e á identidade local, situado fronte á Fonte do Tellado
Praza do Labardeiro Toén
Foto: Concello de Toén
6 Oct 2026

O Concello de Toén conta xa cun novo espazo público oficialmente denominado a Praza do Labardeiro, situada na localidade de Mugares, xusto fronte á Fonte do Tellado.

A decisión de outorgar este nome á praza foi aprobada previamente polo Pleno da Corporación municipal, nun xesto que busca recoñecer e poñer en valor unha figura estreitamente ligada á tradición e á identidade de Mugares.

Con esta nova denominación, o municipio suma un punto de referencia máis ao seu rueiro, reforzando así os elementos propios do patrimonio cultural e identitario da parroquia.

0.15732789039612