Un incendio forestal en Riós afecta xa a unhas 30 hectáreas na parroquia de Fumaces e A Trepa

GaliciaXa | OurenseXa
O lume, iniciado este sábado pola tarde, obrigou a activar de forma preventiva a Situación 2 pola proximidade das lapas ao núcleo de Fumaces, unha medida que xa foi desactivada
incendio-forestal
16 Aug 2026

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Riós, na parroquia de Fumaces e A Trepa, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas.

O lume iniciouse este sábado ás 16.54 horas e, debido á súa proximidade ao núcleo de poboación de Fumaces, obrigou a decretar a Situación 2 como medida preventiva. Esta situación operativa de emerxencia foi desactivada esta mañá, segundo as últimas informacións facilitadas pola Consellería.

Para facer fronte ao incendio despregáronse ata o momento dous técnicos, 12 axentes, 17 brigadas, 13 motobombas, tres pas, tres helicópteros e sete avións.

Medio Rural lembra que a cidadanía pode comunicar a detección de incendios forestais a través do teléfono gratuíto 085. Para informar de maneira anónima sobre calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento está dispoñible tamén o número 900 815 085.

0.1417670249939