Un transporte pesado afectará ao tráfico na avenida de Celanova o mércores

O tráfico na Valenzá verase alterado de maneira puntual este mércores, 30 de setembro, polo paso dun vehículo de transporte pesado pola avenida de Celanova.
O desprazamento terá lugar entre as 08.20 e as 08.30 horas, polo que durante ese breve intervalo a circulación por esta vía poderá sufrir afeccións.
Co fin de que o traslado se desenvolva con normalidade, a Policía Local acompañará o camión ao longo de todo o percorrido.
O vehículo transportará a cuberta correspondente á ampliación do polideportivo municipal, unha peza de gran tamaño que require o uso dun transporte especial.
Desde o Concello de Barbadás pediuse comprensión aos veciños e condutores polas posibles molestias que poida ocasionar este operativo, que será de curta duración.