Verea organiza clases gratuítas de voleibol os sábados no polideportivo municipal

OurenseXa
A actividade, dirixida a toda a veciñanza interesada, desenvolverase durante a tempada 2026-2027 no Polideportivo-Multiusos do municipio, coa posibilidade de sumar outras propostas segundo a demanda dos participantes
actividades deportivas Verea
5 Nov 2026

O Concello de Verea pon en marcha un novo programa de actividades deportivas gratuítas para a tempada 2026-2027, que inclúe clases de voleibol abertas a toda a veciñanza que queira apuntarse.

As sesións terán lugar os sábados, en horario de 11.00 a 13.00 horas, e desenvolveranse nas instalacións do Polideportivo-Multiusos do municipio.

Ademais do voleibol, o Concello non descarta incorporar outras disciplinas ao longo da tempada, sempre en función do interese que amosen os propios asistentes á actividade.

A participación é totalmente gratuíta. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do Concello de Verea, contactando co teléfono 988 43 06 00 para obter máis información ou formalizar a súa inscrición.

0.15839409828186