Verea organiza unha maratón de fútbol sala a vindeira fin de semana nas piscinas municipais

OurenseXa
O torneo repartirá premios para os catro primeiros clasificados e mantén aberta a inscrición dos equipos
balon-futbol-sala
18 Jul 2026

As Piscinas Municipais de Verea serán o escenario dunha Maratón de Fútbol Sala que se disputará os vindeiros 25 e 26 de xullo, unha cita organizada polo Concello de Verea dirixida a equipos que queiran competir durante toda a fin de semana.

A inscrición no torneo está fixada en 100 goles, mentres que os premios repartiranse entre os catro primeiros clasificados. O equipo campión recibirá o 50 % da recadación e un trofeo; o segundo clasificado obterá o 30 % e trofeo; o terceiro levará o 20 % e trofeo; e o cuarto clasificado será recoñecido cun trofeo.

As persoas interesadas en participar ou solicitar máis información poden contactar coa organización a través do teléfono 663 341 992.

0.09265398979187