Xunqueira de Ambía organiza unha recollida de enseres para o 16 de novembro

O Concello de Xunqueira de Ambía puxo en marcha unha campaña de recollida de enseres inservibles dirixida a todos os veciños do municipio. A iniciativa, que se levará a cabo a través da Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense, terá lugar o vindeiro 16 de novembro de 2026.
Os veciños que desexen desfacerse de obxectos que xa non empregan deberán depositalos xunto aos contedores do lixo como moi tarde o día anterior á recollida, é dicir, o 15 de novembro.
A listaxe de artigos que se poderán entregar inclúe, entre outros, mobles, colchóns, somieres, lavadoras, neveiras, cociñas (tamén as de ferro), táboas, pechamentos de eidos, gaiolas, televisores, ordenadores e microondas.
Dende o consistorio advírtese de que quen deposite obxectos que non figuren nesa relación poderá ser sancionado, polo que se pide aos veciños que respecten estritamente o tipo de trebellos autorizados para esta recollida.
Para aqueles veciños que descoñezan se poden beneficiarse deste servizo ou teñan dúbidas ao respecto, o Concello habilitou un número de teléfono de contacto, o 988 436 069, atendido en horario de 10.00 a 12.00 horas.