Xunqueira de Espadanedo instala un depósito antiincendios no vehículo de Protección Civil

O Concello de Xunqueira de Espadanedo levou a cabo a instalación dun depósito de auga destinado á prevención de incendios no vehículo que emprega a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.
Esta actuación, financiada polo consistorio cun aporte económico de 12.000 euros, ten como obxectivo dotar ao vehículo dunha maior capacidade operativa á hora de intervir en labores de extinción e prevención ante posibles incendios forestais.
A incorporación deste depósito supón unha mellora significativa para o equipamento co que conta a agrupación local, permitindo aos seus integrantes dispor dunha reserva de auga propia no mesmo vehículo, o que facilita unha resposta máis rápida e autónoma en caso de emerxencia.