Novas de A Bola
A Deputación de Ourense suma 87 concellos ao censo provincial de amianto e avanza na planificación da retirada
O programa 2025-2027 xa permitiu analizar preto de 49.000 edificacións e inclúe un visor web con mapa interactivo para avaliar riscos e priorizar actuacións
O Concello da Bola entregou os premios do Concurso de Decoración de Pobos
O primeiro premio recaeu no pobo de Cerdal, mentres que o segundo foi para Outeiro de Santabaia e o terceiro para Campo de Sorga
O xeodestino Terras Terras de Celanova–Serra do Xurés suma nove novos distintivos de calidade turística
O xeodestino alcanza xa 21 servizos certificados polo SICTED e reforza a súa aposta por un turismo sostible e de calidade no rural ourensán
A Deputación dedica o '8 mes a mes' de decembro ás mulleres do sector agrogandeiro
A homenaxe céntrase na figura de Elvira Pérez Vilanova, natural de A Bola, como exemplo de esforzo, constancia e vínculo co territorio nun ámbito clave para o rural ourensán
O Concello da Bola organiza a tradicional excursión a Pazolandia o 3 de xaneiro
As inscricións están abertas ata o 19 de decembro
A Bola organiza un curso sobre o uso de aplicacións para xestionar trámites en internet
A formación desenvolverase na aula CeMIT do 24 ao 27 de novembro en horario de mañá
A Aula Cemit de A Bola acollerá unha charla sobre dano cerebral adquirido
Na sesión abordaranse as principais causas, así como as secuelas que poden xerar e os recursos de atención dispoñibles para os pacientes
A cativada da Bola gozou dunha tarde de maxia a cargo do Mago Paco
O programa de actividades de verán organizado polo Concello terá continuidade o vindeiro 27 de agosto
As traballadoras do SAF da Bola protagonizan a campaña ‘8M Mes a Mes’ de agosto
A Deputación de Ourense pon o foco este mes no labor das auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar como “un dos piares fundamentais e a miúdo subestimados do noso sistema de benestar social”
O presidente provincial fai balance dos seus dous anos de mandato
Menor destacou a xestión orzamentaria e aposta polo termalismo, o deporte ou a cooperación cos concellos entidades como algunhas das liñas fundamentais durante os últimos anos, e insistiu no obxectivo de reforzar o plan CooperOU no que queda de mandato
Abre o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro na provincia de Ourense
As subvencións están destinadas a aquelas organizacións que leven a cabo proxectos de carácter social
A Comisión de Seguimento do Xeodestino Terras de Celanova – Serra do Xurés fai balance da súa actividade
Padrenda acolleu esta mañá o encontro desta comisión, onde se liquidou a anualidade 2024 e se fixaron as actuacións previstas para este ano
A Xunta e o Concello da Bola avanzan en materia de infraestruturas
A alcaldesa da Bola, María Teresa Barge, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantiveron un encontro este xoves
A Asociación Ourensividad presenta un estudo pioneiro sobre a lonxevidade na provincia
Titulado “Ourense clave para a lonxevidade. O fenómeno dos centenarios”, aborda as claves que contribúen á lonxevidade na rexión a partir dunha serie de entrevistas exhaustivas a centenarios da provincia
Eladio Santos destaca a aposta do executivo central coa modernización do Rexistro Civil na provincia de Ourense
O BOE publicou hoxe a entrada efectiva da aplicación informática DICIREG nas oficinas do Rexistro Civil dos partidos xudiciais de Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia
Teresa Barge revalida a presidencia da agrupación local do Partido Popular na Bola
A alcaldesa da Bola asegurou que o seu obxectivo é “progresar na afiliación de xente moza”, ao tempo que comprometeuse a facer do PP da Bola “un partido máis aberto á veciñanza”
O grupo provincial socialista logra aprobar unha moción para mellorar os mecanismos de financiamento nos concellos
Álvaro Vila denunciou na Deputación a “situación crítica” que atravesan os municipios do rural ourensán que “sobre a base de partidas orzamentarias reducidas deben atender cada vez máis amplos e novos servizos”
Mobilízanse 784.524 en axudas a concellos, entidades deportivas e para o Plan Anual de Publicacións na provincia de Ourense
O goberno provincial sacou adiante tamén as bases reguladoras e convocatoria dun concurso para a selección de autores para a edición dun libro sobre a Vía da Prata
Máis de 250 socialistas de toda provincia reuníronse na IV edición de ConMemora
O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou esta fin de semana a súa xuntanza provincial nun acto multitudinario no que se entregaron os premios ConMemora ao compromiso político
Entra en funcionamento a nova Oficina Única Virtual de Atención ao Cidadán da provincia de Ourense
Trátase dunha plataforma integrada que permite á cidadanía dirixirse á Deputación mediante teléfono, correo electrónico, SMS, web, WhatsApp ou redes sociais
Xunta e Deputación anuncian un programa piloto para loitar contra o lume na provincia de Ourense
O plan prevé dotar ás mancomunidades de Verín, O Carballiño, Terras de Celanova e O Ribeiro con 16 brigadas para levar a cabo tanto tarefas de prevención e extinción de incendios
O PP de Ourense elixe aos candidatos das agrupacións locais
María Inmaculada Rodríguez será a candidata na vila valdeorresa, Ricardo González en Toén, Ignacio Campo en Maside, Teresa Barge na Bola, e Rebeca Sotelo en Cenlle
Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello da Bola para 2025
En total, o orzamento de 2025 ascende a 1.500.882 euros




