Universidade
O campus de Ourense iniciou o ano captando novos alumnos
Esta semana, máis de 500 mozos de distintos institutos da provincia tiveron a oportunidade de coñecer as diferentes facultades do campus
O campus de Ourense convoca o X Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
O certame está aberto ata o 25 de xaneiro e conta con dúas categorías dirixidas ao alumando de primaria e secundaria respectivamente
Máis de 200 estudantes de bacharelato da provincia participaron nunha xornada de portas abertas no campus de Ourense
A xornada foi a primeira de varias programadas, con novas sesións previstas os días 13 e 14 de xaneiro, que reunirán a case 550 estudantes de varios institutos da rexión
O campus de Ourense inaugura unha mostra para conmemorar os 50 anos do descubrimento de Aquis Querquennis
A exposición, que poderá verse ata o 30 de xaneiro na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro, repasa as cinco décadas de traballo arqueolóxico neste xacemento
Pontón reclama á Xunta máis inversións para Ourense e elevar ata o 1,5% do PIB o financiamento das universidades públicas
A líder nacionalista pide máis apoio autonómico aos campus, con especial énfase no de Ourense, e critica a autorización de títulos privados
Allariz acolle a presentación dun ambicioso proxecto europeo con base en Ourense sobre innovación no rural
Socios de once países reúnense na vila alaricana na primeira asemblea de Storcito, unha iniciativa que busca fomentar a innovación en materia de prevención de incendios e sustentabilidade nos sistemas enerxéticos e na mobilidade
Mondra levou a música tradicional ao Campus de Ourense cun obradoiro sobre arte e educación
O artista levou o seu programa “Mondra na Escola” á Facultade de Educación e Traballo Social, onde compartiu nocións básicas de cultura tradicional galega co obxectivo de que o alumnado poida integralas na súa práctica profesional
O Campus de Ourense amosa o seu apoio ao pobo palestino a través dunha exposición
A mostra “Mapa de evacuación de Gaza” pode verse nos xardíns do campus universitario ata o 30 de novembro
O campus inicia un ciclo de obradoiros sobre educación inclusiva e prevención de violencias
A iniciativa ten como obxectivo promover a diversidade, a igualdade e o respecto no ámbito académico
A UVigo desenvolve en Ourense un proxecto para impulsar a accesibilidade cognitiva nos balnearios da provincia
O proxecto céntrase en identificar e propoñer melloras para ampliar o acceso das persoas con discapacidade cognitiva aos establecementos termais do Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense
O Campus de Ourense pon en marcha unha nova edición do seu Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil
A actividade busca reivindicar o patrimonio oral vencellado coa infancia e contará coa participación das escritoras e narradoras Soledad Felloza, Eva Mejuto e Paula Carballeira, xunto co músico Luís Prego
O Campus Auga de Ourense consolídase en Termatalia Colombia como referente en termalismo
O stand da UVigo permitiu aos visitantes coñecer tanto a institución como o campus de Ourense e os seus programas de especialización
A UVigo estrea un curso sobre auga, termalismo e saúde no campus de Ourense
A iniciativa busca “formar profesionais capaces de traballar no sector da saúde e do benestar, potenciando o uso terapéutico e cosmético das augas termais”
Arredor de 150 persoas participan en Ourense no I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora
A cita pretende recoñecer o potencial e o talento dos novos investigadores e promover a cooperación científica e territorial entre Galicia e o norte de Portugal
Investigadores do campus de Ourense promoven un proxecto para optimizar o cultivo de pataca
O equipo realiza voos con drones e analiza imaxes satelitais para monitorizar o estado dos cultivos e do solo
Arredor de 600 estudantes participaron este mércores na xornada de benvida do novo curso no Campus de Ourense
Dende a UVigo destacan o éxito de acollida destas xornadas onde o alumnado puido obter información sobre transporte, aloxamento, bolsas, voluntariado, programas de mobilidade, bibliotecas, etc
Investigadores do campus de Ourense poñen o foco na prevención para evitar incendios forestais
Desde o Campus de Ourense liderase un ambicioso proxecto europeo que pretende desenvolver ferramentas avanzadas para anticiparse ao lume e reducir o seu impacto en zonas rurais
Un equipo de estudantes do campus presentou en Reino Unido un sistema propio de condución totalmente autónomo
Vinte e sete estudantes competiron co seu proxecto no circuíto internacional de Silverstone
Máis de mil adolescentes ourensáns participaron nun estudo universitario sobre violencia sexual dixital
Investigadores do campus desenvolven a partir dos resultados do estudo unha campaña para concienciar á mocidade sobre este tipo de violencia
O Mestrado en Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo recibe o selo internacional Euro-Inf
Esta certificación garante que o mestrado cumpre cos estándares internacionais de calidade consensuados entre profesionais e académicos do sector
O Campus Auga reunirá a novos investigadores no seu primeiro Congreso Transnacional
O I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora (Aquaxi’25) terá lugar do 24 ao 25 de setembro
Arredor de 40 persoas descobren a historia da provincia na terceira edición do curso ‘Ourense no Tempo’
O curso enmárcase dentro da programación de extensión universitaria do verán 2025 e conta co respaldo da Deputación de Ourense
A Facultade de Ciencias entrega os seus premios aos mellores traballos de fin de grao
Os galardóns son un recoñecemento ao esforzo do alumnado en proxectos de tecnoloxía dos alimentos, enxeñaría agraria e ciencias ambientais
O alumando do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense chegou á fase final do programa STEMbach
Os estudantes presentaron, en colaboración coa UVigo, un estudo que analiza o uso de adxectivos e a linguaxe feminina ou feminizada en novelas do século XIX



