Universidade
Arredor de 40 persoas descobren a historia da provincia na terceira edición do curso ‘Ourense no Tempo’
O curso enmárcase dentro da programación de extensión universitaria do verán 2025 e conta co respaldo da Deputación de Ourense
A Facultade de Ciencias entrega os seus premios aos mellores traballos de fin de grao
Os galardóns son un recoñecemento ao esforzo do alumnado en proxectos de tecnoloxía dos alimentos, enxeñaría agraria e ciencias ambientais
O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova chega este ano á 21ª edición
O curso desenvolverase no Auditorio Municipal Ilduara do 23 ao 27 de xuño, organizado pola Fundación Carlos Casares xunto coa Universidade de Vigo, e estará centrado na proxección internacional do sector galego
Ourense impulsa un proxecto piloto de refuxios climáticos para protexer a biodiversidade urbana
O proxecto ten como obxectivo facer fronte aos efectos do cambio climático no ámbito urbano, prestando especial atención á protección da biodiversidade
Investigadores do campus de Ourense avanzan nun sistema para dixitalizar o mantemento das vías ferroviarias
O proxecto estatal Airis, liderado desde o campus, busca mellorar a rendibilidade e seguridade das vías de alta velocidade
O campus de Ourense e o CEIP Mestre Vide colaborar para fomentar o galego entre os escolares
O alumnado de Educación Primaria levou a cabo neste centro un proxecto educativo titulado 'Educar na diversidade, transformar a sociedade'
Allariz acolle o derradeiro seminario do programa ‘Mareas de Coñecemento’ da Universidade de Vigo
Terá lugar dende mañá ata o xoves e está dirixido especialmente a persoas maiores de 50 anos
O campus de Ourense acolleu unha xuntanza internacional sobre sustentabilidade nas redes loxísticas da UE
Socios de oito países reuníronse para facer balance do proxecto europeo SARIL, que investiga como afrontar eventos disruptivos como incendios ou ciberataques
Aberto o prazo para anotarse no Aldaba-TIC Camp 2025 en Ourense
O campamento tecnolóxico de verán que acolle o campus de Ourense terá lugar do 23 ao 27 de xuño e terá como eixo temático e título Salvar a Terra
Os cursos de extensión universitaria do campus regresan este ano con cinco novas propostas
En total serán oito propostas dirixidos a persoas de dentro e fora da comunidade universitaria, que xa poden anotarse
O campus de Ourense adiantou a celebración das Letras Galegas cunha homenaxe ao papel das mulleres na cultura galega
Baixo o título ‘De Rosalía ás cantareiras: as letras galegas con voz de muller’, puxéronse en valor as cantareiras, pandeireteiras e regueifeiras dentro da cultura popular
A subdelegación do Goberno e a Facultade de Dereito do campus de Ourense reforzan a colaboración
Ambas institucións desenvolven un programa mediante o cal o alumnado da facultade fai prácticas na Subdelegación do Goberno en Ourense
Avanzan os trámites para a construción do novo de edificio de Aeronáutica de Ourense
A licitación atópase en fase de avaliación tras a recepción de cinco propostas
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo celebrou a súa semana internacional
Nesta edición participaron doce docentes procedentes de Polonia, Lituania, Portugal, Alemaña e Italia, así como dez estudantes da Universidade de Bremerhaven (Alemaña)
Máis de 150 persoas participaron na XXII edición das Xornadas Interxeracionais do campus de Ourense
A iniciativa, consolidada xa como unha referencia no ámbito educativo e social, foi impulsada polo alumnado do Grao en Educación Social da Facultade de Educación e Traballo Social, en colaboración con Ategal
Máis de 60 estudantes galegos participaron en Ourense na XV Olimpíada Galega de Economía
A iniciativa constitúe a fase galega da Olimpíada Española de Economía, un certame académico e educativo que ten como obxectivo estimular o estudo da economía e da economía da empresa entre a mocidade
Dous proxectos europeos posicionan ao campus de Ourense coma referente en seguridade alimentaria
Os proxectos, chamados AlgaeSafe e Innov2Safety, céntranse, respectivamente, no uso de aditivos funcionais derivados de algas e nos posibles riscos de substituír conservantes sintéticos por ingredientes naturais
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense entregou os premios do seu Hackathon de Intelixencia Artificial
No evento participaron 30 estudantes que puxeron a proba as súas competencias afrontando distintos retos vencellados ao uso de cámaras de acción
Preto de 400 estudantes participaron na Feira EmpregoInCampus de Ourense
A feira organizada polo campus de Ourense, na que colaboraron arredor de 70 entidades, ten como obxectivo abrir oportunidades laborais ao talento universitario
As aulas de teatro da UVigo terán un protagonismo especial na MITEU 2025
Máis de 200 participantes de 13 grupos universitarios e 6 compañías de teatro profesional participan nesta edición que dará a coñecer o programa completo nos vindeiros días
Os colexios Mestre Vide, Curros Enríquez e Manuel Sueiro celebraron o Día da Francofonía con obradoiros sobre cine
A iniciativa estivo organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense
Nace en Ourense un foro para fomentar o termalismo e promover o uso sostible dos recursos xeotérmicos
Trátase de Ágora Termal, unha iniciativa que ten a súa sede na Facultade de Ciencias do campus de Ourense e que está composta por uns 30 profesionais de diferentes áreas
Os museos etnográficos da provincia de Ourense protagonizan unha exposición no campus
Entre os museos e centros recollidos están o de Olería de Niñodaguia, o da Identidade de Chandrexa de Queixa ou o do Coiro de Allariz
O escultor Enrique Conde amosa a súa obra en Ourense
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do Campus de Ourense, acolle ata o 16 de maio a mostra ‘Pensamento construído’, que reúne doce esculturas abstractas



