?> A reforma do campo de fútbol do Palmés contará cun orzamento de 600.000 euros en OurenseXa

A reforma do campo de fútbol do Palmés contará cun orzamento de 600.000 euros

OurenseXa
O Pleno do Concello de Ourense vén de aprobar unha modificación de crédito do CMD que dará financiamento á reforma do campo de fútbol de Palmés e outra para reformar as bancadas do campo de fútbol de Oira
cd-palmes
CD Palmés
Redacción Ourensexa
26 abr 2024

O Pleno do Concello de Ourense, ditaminou favorablemente este venres dous expedientes de modificación de crédito do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que destinarán a diferentes proxectos de gasto un total de 805.428,61 euros procedentes do remanente de tesourería.

O expediente de modificación orzamentaria 2M/CMD/2024 destina 122.178,61 euros a partidas de subministración de enerxía eléctrica e gas. O expediente  3M/CMD/2024 dedica 683.250 euros a diferentes gastos, entre os que salientan a reforma do campo de fútbol de Palmés, por un importe de 600.000 euros e a reforma das bancadas do campo de fútbol de Oira, por un importe de 20.250euros. Tamén se empregarán 20.000 euros para equipamento deportivo, outros 20.000 para a mellora de instalacións deportivas, 13.000 para mobiliario, 8.000 para maquinaria, instalacións técnicas e ferramentas e 2.000 para equipamento informático. Nos dous casos, os expedientes de modificación orzamentaria presentaranse ante o Pleno do Concello para a súa aprobación provisional.

Tamén se ditaminaron favorablemente e se presentarán ante o Pleno do Concello o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 4/2024 do CMD, relativo a gastos de gas e electricidade, e un expediente de actualización do Inventario Municipal de Bens do Concello. Finalmente, o vindeiro pleno tamén tratará o recurso de reposición interposto pola sección sindical de Comisións Obreiras á aprobación definitiva da modificación número 1 da ordenanza municipal reguladora do teletraballo no Concello de Ourense e no Consello Municipal de Deportes.