Barbadás pon en marcha un campamento dixital para este Nadal

O Concello de Barbadás, en colaboración con Ciber Voluntarios, organizada o vindeiro mes de xaneiro un campamento dixital dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos e outro para mozos e mozas de entre 13 e 17 anos.
A actividade desenvolverase entre o 2 e o 4 de xaneiro no Espazo Infantil da Casa da Mocidade, en horario de 16.00 a 19.00 horas no caso do campamento infantil, e de 11 a 14 no caso dos maiores. En ambos casos, as inscricións poderán realizarse ata o 8 de decembro.
Os nenos e nenas aprenderán a buscar información, crear contido dixital como presentacións ou carteis, identificar publicacións falsas e evitar a súa difusión, ademais de recoñecer os riscos de internet e aprender a manterse seguros na rede. Pola súa banda, os maiores desenvolverán actividades para xestionar mellor o tempo en liña, configurar a privacidade nas redes sociais, protexer os datos persoais e buscar emprego, utilizando ferramentas dixitais.