Jorge Encinas Arnau renuncia á xerencia do Consello Municipal de Deportes de Ourense

OurenseXa
Jorge Encinas, que en outubro deste ano cumprirá 2 anos no cargo, renuncia á fronte da entidade deportiva para dedicarse plenamente a labores máis de corte xurídico
Jorge Encinas Arnau e Gonzalo Pérez Jácome
25 sep 2024

Jorge Encinas Arnau, xerente do Consello Municipal de Deportes, comunicoulle ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a súa vontade de renunciar ao cargo á fronte da entidade deportiva, para dedicarse plenamente a labores máis de corte xurídico. Encinas Arnau, ademais de deportista federado na modalidade de tiro, é licenciado en Dereito e leva exercendo a avogacía durante 3 décadas.

Jorge Encinas, que en outubro deste ano cumprirá 2 anos no cargo, non deixará de inmediato o seu posto e seguirá á fronte do CMD unhas semanas máis, ata que o pavillón poida contratar un substituto á nova xerencia.

Para o alcalde de Ourense, o paso de Jorge Encinas polo Pavillón, “marcou un antes e un despois na xerencia, eliminando as friccións e tensións que arrastraba décadas o persoal funcionario do ente paralelo ao Concello de Ourense. Xunto ao concelleiro Aníbal Pereira, que leva desde xuño de 2023 á fronte, sen dúbida o funcionamento mellorou con respecto a outros gobernos. O grupo de goberno só pode estar agradecido á súa dedicación”, asegura Gonzalo Jácome.

O alcalde confía en seguir contando con Jorge Encinas nun futuro próximo, para aproveitar a súa contrastada competencia profesional, deixando as portas do Concello “totalmente abertas” á súa achega.

0.10466408729553