Maceda celebrará o sábado unha xornada informativa sobre vivenda con representantes do PP de Ourense

O salón de actos do concello de Maceda, situado na Rúa do Toural nº 2, acollerá o vindeiro sábado 19 de setembro, a partir das 11.00 horas, unha xornada informativa centrada na situación da vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.
O acto comezará cunhas palabras de benvida a cargo de José Manuel Gil Carballo, presidente da xestora local do Partido Popular en Maceda. A continuación, ás 11.05 horas, Benito Iglesias Padrón, coordinador da área de Vivenda e Urbanismo do PP de Ourense, ofrecerá unha intervención sobre o estado actual da vivenda na comunidade galega.
Posteriormente, ás 11.20 horas, tomará a palabra Pilar Fernández León, tamén integrante da área de Vivenda e Urbanismo do PP ourensán, quen exporá as distintas axudas e medidas postas en marcha para facilitar o acceso á vivenda en Galicia.
A xornada continuará ás 11.40 horas coas conclusións conxuntas de varios rexedores da comarca, entre os que se atopan Manuel Pérez Nóvoa, alcalde de Paderne de Allariz; José Antonio Blanco Pérez, alcalde de Esgos; Manuel Ángel Fernández Movilla, alcalde de Baños de Molgas; e Pablo Graña Rodríguez, alcalde de Xunqueira de Espadanedo.
O encontro pecharase ás 12.00 horas co acto de clausura, no que interveñen Luis Menor Pérez, presidente do Partido Popular de Ourense, e Paula Prado del Río, secretaria xeral do Partido Popular de Galicia.