Nova xornada de folga no Concello de Ourense

OurenseXa
Os traballadores convocan unha manifestación fronte á Subdelegación do Goberno de Ourense ás 12.00 horas deste luns
9E281135-B7A0-486B-B12F-EBFECA99F49C
Protestas dos traballadores municipais no Concello de Ourense
4 Nov 2024

Ourense arranca a semana cunha nova xornada de folga por parte dos traballadores municipais do Concello de Ourense contra a política de persoal do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Tras unha primeira xornada de folga o pasado xoves, 31 de ourubro, que foi apoiada por aproximadamente o 90% do persoal e que estivo marcada por unha concentración silenciosa na Praza Maior por respecto ás vítimas do temporal do Levante, para este luns si está previsto que a manifestación convocada por sindicatos e traballadores lévese a cabo con normalidade.

A manifestación ten previsto saír ás 12.00 horas desde a Subdelegación de Goberno e percorrerá ás principais rúas da cidade ata chegar á Praza Maior.

Tras estas protestas, haberá que esperar a que a xunta de persoal do Concello decida cal é a folla de ruta a tomar, tendo en conta que, ata o de agora, non existe ningún tipo de comunicación co alcalde de Ourense que todo apunta a que ten previsto continuar coa sua política de persoal, polo que as protestas poderían continuar.

0.16148400306702