O Concello de Esgos chama á veciñanza a facer un uso responsable da auga

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A veciñanza deberá destinar a auga exclusivamente ao consumo domiciliario para garantir o abastecemento e evitar problemas de subministración
Imaxe dun grifo de auga
24 Jun 2026

O Concello de Esgos lanzou un aviso á veciñanza no que lembra a necesidade de facer un uso responsable da auga da rede municipal, que debe destinarse exclusivamente ao consumo doméstico.

Segundo se indica, queda totalmente prohibido empregar a auga para regar hortas, xardíns ou zonas verdes, así como para encher piscinas, baldear patios ou lavar vehículos.

Tamén se inclúe a prohibición de usar auga da rede municipal para o lavado de tellados, patios ou fachadas, así como para calquera outro uso que non sexa considerado esencial.

Desde o Concello lémbran que a auga é un recurso limitado e que a colaboración da veciñanza resulta fundamental para garantir o abastecemento e evitar incidencias na subministración.

0.12862706184387