O Concello de Maceda organiza unha excursión a Pazolandia o vindeiro 27 de decembro

O Concello de Maceda organiza una excursión a Pazolandia, o maior parque de atraccións de Galicia no Paco Paz de Ourense, programada para vindeiro 27 de decembro.
A actividade, destinada aos nenos e nenas do concello, sairá ás 10.00 horas da mañá e terá un prezo de 4,40 euros. As persoas interesadas en participan poderán anotarse ata o luns, 23 de decembro.
Pazolandia, o gran clásico do Nadal da provincia que se desenvolverá do 26 de decembro de 2024 ao 4 de xaneiro de 2025. En total, o ano pasado foron 25.354 as persoas que acudiron ás instalacións do Pazo Paco Paz, segundo o balance realizado polo persoal da instalación deportiva provincial. No que respecta aos datos de asistencia diarios, Pazolandia reuniu a unha media de 1.500 participantes por quenda. Uns datos que esperan manterse ou incluso superarse nesta nova edición.