O Concello de Ourense aproba o proxecto de demolición dos restos das Pozas de Maimón
OurenseXa
Os traballos contan cun orzamentode 140.489 euros

13 Feb 2025
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este xoves o proxecto de demolición dos restos do inmoble de titularidade municipal sito no Parque das Pozas de Maimón, estrada OU-402, cun orzamento de 140.489,60 euros.
O inmoble, inaugurado en 2011, levaba en ruínas dende o ano 2019, cando un incendio destruíu case por completo as instalacións, que levaban en desuso dende 2015.