Ourense gardará un minuto de silencio esta tarde polas vítimas do accidente de tren de Toledo

OurenseXa
Os actos súmanse ao chamamento da FEMP e da Fegamp tras o sinistro ferroviario rexistrado esta mañá na provincia toledana
lazo negro
28 Oct 2026

Varios concellos da provincia de Ourense decidiron sumarse aos actos de homenaxe convocados en toda España tras o grave accidente de tren rexistrado durante a xornada na provincia de Toledo.

Na capital ourensá, o Concello organizou un minuto de silencio ás 20.00 horas, na porta do edificio consistorial. Con esta iniciativa, o goberno local súmase ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que pediu aos concellos de todo o país gardar este xesto como mostra de respecto cara ás vítimas.

No Carballiño, o goberno municipal tamén convocou un minuto de silencio, neste caso ás 20.00 horas na Praza Maior. Neste caso, o executivo local súmase á convocatoria impulsada conxuntamente pola FEMP e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

O accidente, ocorrido esta mesma mañá na liña de alta velocidade entre Madrid e Andalucía, ao seu paso pola provincia de Toledo, deixou un elevado número de persoas falecidas e feridas, segundo as últimas informacións difundidas polos servizos de emerxencia. O suceso xerou unha onda de solidariedade en numerosos concellos do país, que se foron sumando ao longo do día a este tipo de actos de homenaxe.

0.16871213912964