Reábrese o tráfico na OU-406 baixo a vía do tren en Ribadavia

OurenseXa
A estrada permanecera cortada dende o martes mentres se avaliaban os danos detectados nunha viga da ponte ferroviaria tras un accidente
estrada-carretera-xenerica
5 Nov 2026

A estrada OU-406 recuperou a circulación no treito que discorre baixo a vía do ferrocarril en Ribadavia, despois de que este viario permanecese pechado dende o pasado martes.

O corte, que afectaba ao treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+380 e 0+480, decretárase por motivos de seguridade para permitir que Adif, administrador da infraestrutura ferroviaria, avaliase os danos sufridos nunha viga da ponte do tren tras un accidente.

Unha vez completada esa valoración, a vía volveu abrirse aos vehículos. Con todo, o corte repetirase nos vindeiros días, xa que será necesario pechar de novo este treito para que Adif poida proceder á reposición da viga danada. Este novo corte comunicarase coa debida antelación, en coordinación co administrador ferroviario.

0.16087508201599