San Cibrao das Viñas estrea unha app móbil para xestionar o deporte e o lecer municipal

O Concello pon en marcha unha aplicación que permite inscribirse en actividades, xestionar os pagamentos e apuntar a toda a familia desde unha soa conta, dispoñible en Google Play e App Store
app_deporte_san_cibrao_das_viñas
27 Aug 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas puxo en marcha unha nova aplicación móbil pensada para facilitar a xestión das actividades deportivas e de lecer que organiza o municipio. A ferramenta pretende simplificar trámites que ata agora se facían de xeito presencial ou por outras vías.

Entre as funcionalidades que ofrece a app destaca a posibilidade de xestionar toda a unidade familiar desde un único perfil, engadindo os distintos membros do fogar. Tamén permite formalizar inscricións en actividades e eventos municipais de forma directa, ademais de completar os pagamentos correspondentes en liña, sen necesidade de desprazamentos.

A aplicación chega coincidindo coa apertura do prazo de inscrición para a vindeira andaina organizada polo Concello, que arrincou o 25 de agosto. Alén diso, a partir do 31 de agosto habilitarase tamén a través da app o período de inscrición para o ximnasio municipal.

A app xa se pode descargar tanto en Google Play coma en App Store, e o Concello anima a veciñanza a instalala para ter á man toda a oferta deportiva e de lecer do municipio.

0.15853214263916