Novas de Pereiro de Aguiar
Licitada a xestión integral do Complexo Deportivo de Monterrei para este verán
O contrato estenderase de maio a setembro e inclúe como novidade a xestión da cafetería, ademais de todas as actividades do complexo, cun orzamento próximo ao millón de euros
COGAMI reforza a colaboración con sete concellos ourensáns para impulsar a inclusión de persoas con discapacidade
As accións realizáronse cos equipos municipais de servizos sociais en Toén, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela, Coles, San Cibrao das Viñas e Barbadás
Pereiro de Aguiar avanza cara a un modelo de xestión de residuos máis sostible
O novo sistema céntrase na compostaxe comunitaria e doméstica, con solucións adaptadas ás necesidades das distintas zonas
Pereiro de Aguiar acollerá este xoves un Obradoiro de Comadres
Será na Biblioteca e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos
Derradeiros días para solicitar as axudas a deportistas individuais do Concello de Pereiro de Aguiar
O prazo rematará o luns 16 de febreiro de 2026
Pereiro de Aguiar impulsa a promoción dos equipos de fútbol muncipais
O Concello vén de converterse en patrocinador oficial dos clubes do municipio, entre os que destacan o Atlético Vilariño, a S.D. Melias, o C.F. Loñoá e o C.D. Pereiro de Aguiar
Pereiro de Aguiar celebrará o Entroido con obradoiros e un desfile
Os días 5 e 12 de febreiro haberá obradoiros de Compadres e Comadres na Biblioteca, mentres que o desfile será o domingo 14
A Xunta actuará en 19 estradas galegas ao seu paso por 30 concellos galegos
Na provincia luguesa actuará en Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei, en na ourensá en Maceda, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Allariz, Taboadela, Ourense, Coles e Paderne de Allariz
O Concello de Pereiro de Aguiar ofrecerá clases gratuítas para preparar as probas de competencias clave
O prazo para presentar solicitudes para as probas remata o 14 de febreiro
Todo preparado para unha nova edición da Ribeira Sacra MBT Xperience
Celebrarase os días 29, 30 e 31 de maio e as inscricións están abertas ata o 25 dese mesmo mes ou ata completar o cupo de participantes
A Aula de Teatro de Pereiro de Aguiar levará á Pobra de Trives a súa función ‘Puntadas Rebeldes’
Trátase libre adaptación da obra clásica ‘Lisístrata’ e terá lugar este sábado no Auditorio Julio Vázquez
O Pereiro de Aguiar estrea unha 'Gran Porta' de acceso á Ribeira Sacra cunha intervención artística e nova sinalización
A actuación, impulsada polo Concello e Turismo de Galicia cun investimento de 100.000 euros, incorpora unha escultura de Xosé Cid dedicada a San Martiño Dumiense e suma un mural de Mon Devane e a recuperación dunha obra de Virxilio
A Deputación de Ourense suma 87 concellos ao censo provincial de amianto e avanza na planificación da retirada
O programa 2025-2027 xa permitiu analizar preto de 49.000 edificacións e inclúe un visor web con mapa interactivo para avaliar riscos e priorizar actuacións
Pereiro de Aguiar abre unha nova data para visitar Pazolandia debido á alta demanda
Será o próximo 3 de xaneiro e é imprescindible anotarse previamente
Papá Noel visitará aos nenos e nenas do Pereiro de Aguiar este martes
Será pola tarde e, ademais da recepción oficial, haberá unha sesión de contacontos a cargo de Trémola Teatro
Cachamuíña estrea un parque infantil totalmente renovado e accesible
Estas intervencións enmárcanse no conxunto de actuacións impulsadas pola Deputación na contorna do encoro, que superan os 560.000 euros de investimento
A Deputación de Ourense aproba axudas por case 136.000 euros para proxectos municipais
Entre as partidas aprobadas destaca unha axuda de 25.000 euros ao Concello de Esgos para a compra dun solar na Praza Maior e outra de 60.000 euros para realizar melloras no campo de fútbol da Carabina, en Pereiro de Aguiar
O Mercadillo Solidario de Nadal regresa este sábado a Pereiro de Aguiar
A edición deste ano conta coa participación de ASPANAS, AECC Ourense, a Asociación Diabética Auria e o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Ben-Cho-Shey
Avanzan as obras de reforma do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar nas que o Goberno central inviste máis de seis millóns de euros
Os traballos incorporan criterios de eficiencia enerxética co obxectivo de facer do centro un edificio máis sostible e con menor impacto ambiental



