Novas de Pereiro de Aguiar
O Pereiro de Aguiar abre as inscricións para as actividades deportivas do novo curso
O programa inclúe disciplinas para nenos, mozos e adultos, co inicio das clases para persoas adultas previsto para o 1 de outubro
Pereiro de Aguiar retira colchóns, mobles e outros residuos abandonados en distintos puntos do municipio
O servizo municipal de recollida actuou o pasado venres en varios puntos, lembrando a importancia de non deixar voluminosos xunto aos colectores
O encoro de Cachamuiña pecha a tempada cunha elevada participación nas súas actividades de verán
A programación desenvolvida durante dous meses reuniu 478 asistentes e contou con 58 persoas inscritas
O ciclismo toma este domingo Pereiro de Aguiar coa celebración da Copa de España de Pumptrack
A proba celebrarase o 30 de agosto no circuíto de Monterrei, dentro do calendario de competicións organizadas por Maese Ourense
A Deputación de Ourense achega máis de 1,06 millóns de euros ás instalacións deportivas de Esgos, A Peroxa e O Pereiro de Aguiar
O presidente provincial, Luis Menor, asinou os convenios que financiarán un novo campo de fútbol en Esgos e a renovación do céspede artificial na Peroxa e no Pereiro de Aguiar, cunha achega provincial próxima ao 90 % do custo total
O OUFF organiza un autocine de verán co thriller de Balagueró 'Mientras duermes'
O festival ourensán propón unha sesión de cine ao aire libre desde o coche no aparcadoiro do Complexo Deportivo de Monterrei, con entrada de balde para un máximo de 70 vehículos
O Concello de Pereiro de Aguiar avisa de posibles cortes de luz no núcleo de Vilaboa durante a mañá deste luns
As interrupcións no subministramento eléctrico poderán producirse entre as 09.00 e as 15.00 horas mentres Naturgy realiza tarefas de mantemento e mellora
Pereiro de Aguiar destina máis de 61.800 euros á renovación das pistas deportivas de Tapada de Bouzas e Vilariño
A actuación permitirá substituír os pavimentos deteriorados por novas superficies de céspede sintético e resinas deportivas e renovar parte do equipamento
Pereiro de Aguiar continúa cos traballos de mellora do Parque Empresarial
O Concello executa novas actuacións en colaboración coa Xunta de Galicia para reforzar a seguridade viaria e facilitar a mobilidade nesta área industrial
As inscricións para participar no Día de Bici de Pereiro de Aguiar estarán abertas até o 15 de agosto
A xornada terá lugar o 6 de setembro cun percorrido de 5 quilómetros, música, sorteos e actividades para toda a familia tras a ruta ciclista
As obras de ampliación do CEIP Ben-Cho-Shey avanzan para atender o incremento de alumnado no Pereiro de Aguiar
A actuación, financiada pola Consellería de Educación con preto de dous millóns de euros, permitirá ampliar as instalacións e mellorar os espazos do centro para dar servizo a preto de 300 estudantes
Rexistrado un pequeno terremoto de magnitude 2,7 no Pereiro de Aguiar
O movemento sísmico produciuse a unha profundidade de 11 quilómetros e puido ser percibido nalgunhas zonas de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas
Pereiro de Aguiar terá un papel clave no proxecto EMICOU para impulsar a mobilidade sostible cara á Ribeira Sacra
O municipio contará cun centro de recepción de visitantes en Cachamuíña e participará na nova rede de vehículos eléctricos que conectará a estación do AVE coa Ribeira Sacra
A VII Festa Etnográfica de Loñoá reivindica a tradición oleira e a cultura popular no Pereiro de Aguiar
A cita reuniu veciñanza, visitantes e representantes institucionais arredor de demostracións de oficios, música, gastronomía e actividades para todos os públicos
Música, artesanía e tradición danse cita este domingo na Festa Etnográfica de Loñoá
A Praza de San Antonio acollerá unha xornada dedicada á tradición e á cultura popular, con actuacións, oficios tradicionais, obradoiros, contacontos, xogos e a Feira Miúda como espazo protagonista para a cativada
Pereiro de Aguiar pecha este venres o Ciclo Mestre Mateo coa proxección de 'San Simón'
O Auditorio dos Gozos acolle a última sesión dunha programación que ofreceu nove películas e documentais desde o pasado 1 de xullo
A VII Festa Etnográfica do Pereiro contará cunha Feira Miúda con actividades exclusivas para nenos e nenas
A programación inclúe obradoiros, xogos teatralizados, contacontos, música e actividades infantís ao longo de toda a xornada
O Ciclo Mestre Mateo continúa este mércores en Pereiro de Aguiar coa proxección de ‘Las líneas discontinuas’
Será ás 21:00 horas no Auditorio dos Gozos
Pereiro de Aguiar acolle este venres unha sesión de contacontos
A actividade, titulada “Aldara na montaña”, contará coa participación de Soraya Lema e busca achegar a lectura á infancia dun xeito lúdico e participativo
Comeza unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo en Pereiro de Aguiar
A programación inclúe documentais, longametraxes e curtametraxes até o 10 de xullo e arranca esta tarde coa proxección de 'Ao son da nova regueifa'
A VII Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar presenta o programa completo de actividades
Haberá actividades dedicadas aos oficios tradicionais, espectáculos, contacontos, concertos e propostas para todos os públicos desde as 11.00 horas
As actividades deportivas de verán no encoro de Cachamuíña regresan o 1 de xullo
Haberá sesións de tai chi, pilates e ioga totalmente gratuítas
A Xunta promove en Ourense unha campaña para reducir o impacto ambiental da festa de San Xoán
A iniciativa inclúe un decálogo de recomendacións para celebrar San Xoán sen residuos e con respecto ás contornas naturais
Pereiro de Aguiar cancela o campamento xuvenil previsto en Manzaneda por falta de participantes
Segundo informou o consistorio, as persoas que xa formalizaran a súa participación recibirán a devolución do importe abonado nos vindeiros días



