Novas de A Peroxa
Os concellos ourensáns xa poden solicitar as axudas para accións de promoción de produtos propios
A Deputación destina nesta convocatoria un orzamento máximo de 75.000 euros e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 25 de abril
A Deputación de Ourense reivindica o potencial da provincia no eixo do turismo sostible
O presidente provincial participou nunha mesa de debate sobre turismo sostible, na que destacou os programas da Deputación en materia termal, así como outros atractivos da provincia, como a Ribeira Sacra, a estación de Manzaneda ou a Vía da Prata
Os 92 concellos da provincia de Ourense adaptaranse ao novo sistema de padrón en tempo real do INE
A finalización dos traballos está prevista para o 30 de setembro, e contempla a adaptación de todos os padróns da provincia á nova normativa, aos sistemas do INE e do Catastro
A Xunta fai pública a documentación da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
A cidadanía poderá consultar a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga
A DO Ribeira Sacra participa nunha iniciativa para promocionar os viños galegos no Parlamento Europeo
A iniciativa está prevista para a próxima primavera e conta coa colaboración da Xunta e dos consellos reguladores das cinco denominacións de orixe de Galicia
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial afronta a súa recta final
A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o cumprimento rigoroso de prazos para que a Unesco teña o expediente definitivo antes do 1 de febreiro
O grupo de teatro de Coles triunfou na Peroxa co seu espectáculo ‘Pepa Loba’
A obra revive a historia desta icónica figura da cultura galega, recoñecida pola súa valentía e o seu papel na tradición popular
O Concello da Peroxa impulsa a creación dunha residencia para maiores en Os Peares
A nova infraestrutura contará con 59 prazas e suporá un investimento total de máis de 3,3 millóns de euros
O SLG demanda unha compensación para as pequenas viticultoras da Ribeira Sacra ante a baixada de rendementos por hectárea
Denuncian que a Consellería de Medio Rural está “deixando esmorecer ás pequenas viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra
Membros de ASPANAS presentan a súa función teatral ‘La verdadera Navidad’ este xoves na Peroxa
A función terá lugar no Auditorio Municipal da Peroxa ás 18.00 horas
Abertas as inscricións para o Campamento de Nadal da Peroxa
Está dirixido aos nenos e nenas de entre 4 e 16 anos
O Comité para o Transporte Metropolitano de ourense avanza na reordenación dun novo mapa de conexións
Os representantes dos concellos coñeceron o estado do contrato do transporte urbano da cidade, xa licitado, un avance fundamental para que a ampliación das liñas na área metropolitana sexa unha realidade
Un total de 13 de Concellos de Ourense e o sur de Lugo beneficiaranse dun novo novo Programa Integrado de Emprego
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que este programa daralle continuidade ao clausurado onte en Chantada, tamén financiado pola Xunta con 220.000 euros con cargo á convocatoria do ano pasado
27 municipios ourensáns crearon a súa propia agenda 2030 grazas ao proxecto OUDS
O presidente provincial salientou a importancia de destas iniciativas “que nos invitan a traballar dende o rural en prol de acadar obxectivos globais”
Rexístranse máis de 600 sinaturas para reinvindicar a mellora da sanidade en Coles, Amoeiro, A Peroxa e Vilamarín
O Bloque Nacionalista Galego súmase así as reinvindicacións da veciñanza e insta á Xunta de Galiza a que resolva esta problemática e dote dun servizo de pediatría digno a estes concellos
A Deputación de Ourense mobiliza máis de 1,1 millóns de euros en axudas aos concellos
A Xunta de Goberno tamén resolveu a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2024, cun orzamento de 100.000 euros e 90 colectivos beneficiarios
O PP pedirá á Deputación de Ourense un acordo para complementar as axudas aos viticultores da D.O. Ribeira Sacra
O grupo popular afirma que o obxectivo desta iniciativa é alcanzar o prezo do custo da uva non recollida, coa finalidade de garantir a supervivencia das explotacións
A Xunta asegura que a Ribeira Sacra acadará o recoñecemento da Unesco como Patrimonio Mundial no ano 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asegura que “é esencial a implicación dos concellos, das institucións e dos diferentes axentes económicos e sociais deste territorio, así como da propia veciñanza”
A Xunta adxudica seis novas vivendas de alugueiro social na Peroxa
As vivendas sitúanse en catro inmobles nos núcleos da Peroxa e Vilarrubín e foron rehabilitados polo Concello coa colaboración da Xunta
Coles, Amoeiro, Vilamarín e A Peroxa quedan sen servizo de pediatría durante o verán
Os socialistas denuncian a “precarización” dun servizo “esencial” para estes catro municipios e que agora en verán non se presta, obrigando aos pais e nais a desprazarse ata Ribadavia ou ata o centro de saúde da Ponte




